DISFRUTAR DAS AUGAS TERMAIS NUNHA CONTORNA PRIVILEXADA
Hotel Balneario de Lugo atópase nunha contorna privilexada, xunto ó río Miño e rodeado de amplos xardíns polos que pasear.
A súa localización nos arredores da cidade de Lugo fan deste Balneario o lugar perfecto para descansar e gozar dos tratamentos termais que lle ofrecemos, podendo ademáis visitar na nosa cidade os seus moitos puntos de interese turístico
A calidade das nosas augas xa era coñecida na antiga Roma, proba diso son as Termas Romanas situadas na pranta baixa do noso edificio, e que poderá coñecer durante a súa estadía.