reserva online

Termas Romanas

No centro do edificio no Balneario de Lugo atópanse As Termas Romanas , un dos monumentos máis representativos do legado cultural romano.

A súa construcción comenzou ó compás dos primeiros pasos da cidade, fundada polo legado de Augusto, Paulo Fabio Maximo, no ano 15 antes da nosa era e que co tempo sería a capital da Gallaecia Septentrional, o Conventus  Luridicus.

As Termas están nunha contorna modelada polo conquistador romano. A pouco máis de 100 metros atópase a ponte romana que constituiu a principal comunicación da cidade co sur de Galicia.

Os baños públicos formaban parte do modo de vida romano e representaban a magnificencia e o poder dos seus gobernantes. Case todos tiñan unha serie de salas comúns con funcións específicas. No Apodyterium as persoas desvestíanse e nas paredes abríanse unha serie de nichos para deixar as roupas. O Caldarium era a sala do baño quente. O Tepidarium servía de transición para o baño frio que era o Frigidarium. Ademáis podía haber outras estancias para baños de vapor, para facer exercicio ( palestra) ….

As excavacións arqueolóxicas realizadas proporcionan valiosa información no tocante a organización das Termas Romanas. Así na excavación da piscina do patio posterior atopáronse 14 aras partidas pola metade, dedicadas ás Ninfas por personaxes de relevancia da época: Marco Ulpio Longiniano, Lucio Valerio Maximo, Marco Hortensio Maximiliano…, con elas demostran o seu agradecemento ás deusas titulares do manantial pola calidade curativa das súas augas.

As Termas estiveron sempre en uso ó longo dos séculos e son outra testemuña máis da pervivencia das grandes obras públicas romanas da cidade de Lugo: a Muralla, A Ponte, o Acueducto e a rede de sumidoiros….

Horarios de visita das Termas Romanas

Horario de visita ás Termas Romanas de luns a sábado de 9:00h a 21:00h. Domingos só pola mañá de 9:00h a 13:00h (necesario realizar reserva)

Para grupos de máis de 10 persoas horario de 12:30h a 13:30h y de 16:00h a 18:00h. de luns a sábados. (necesario realizar reserva)