ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2022

A Xunta de Galicia pon en marcha o programa  «Benestar en Balnearios» co que se pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores.

prazo para presentalas solicitudes termina o próximo 24 de outubro.

O programa inclúe:

  • estadías de 10 días, 9 noites
  • aloxamento e manutención en réximen de pensión completa en habitacións dobres de uso compartido
  • tratamentos termais básicos, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario e que,en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario
  • recoñecemento médico ao ingresar no balneario para a prescripción do tratamento
  • programa de actividades de animación sociocultural
  • póliza colectiva de seguro turístico

No Balneario de Lugo

  • Do 8 ao 17 de novembro
  • Do 18 ao 27 de novembro
  • Do 01 ao 10 de decembro

O custo do programa é de 377,89€ por persoa

Información:

BALNEARIO DE LUGO: 982.221.228

TELEFONO SOCIAL: 900.333.666

https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/plans-e-programas/programa-benestar-en-balnearios