Qué ver en Lugo
Aos pés da cidade romana de Lucus Augusti localizase o Balneario Romano de Lugo, na beira do Rio Miño.
Ademáis da grande riqueza que representan as termas romanas localizadas no interior do edificio, o Balneario situase a escasos 2 km do casco histórico de Lugo.
Na cidade milenaria poderá visitar:
- Museos: Entre outros moitos podemos atopar:
- Museo Provincial, antigo convento de San Francisco, o cal foi remodelado e ampliado.
- Museo Casa do Mitreo, tratase dun yacimiento único no noroeste peninsular que achega información sobre a forma de vida dos romanos que habitaron a cidade.
- Museo Casa dos Mosaicos, amosa restos musealizados in situ, dunha domus de finais do s.III ou principios do s.IV.
- Outros museos, no centro arqueoloxico de San Roque, no museo Interactivo da historia de Lugo, na Sala de exposicions da Porta Miña, o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo, etc.
- Ponte romana: Tamén coñecido coma “ponte vella”. Situado enfrente do Balneario, é unha ponte de orixe romana con 104 metros de lonxitude.
- Catedral de Lugo: A cal destaca pola mezcla de estilos arquitectónicos. Posee privilexio papal de exposición permanente do Santisimo Sacramento.
- Muralla Romana: símbolo indiscutible da cidade. Declarada patrimonio da humanidade dende o ano 2000. Poderá recorrer a pé seus 2 km de lonxitude e coñecer dende as alturas a nosa histórica cidade.
- “E para comer Lugo”, lema que fai referencia a exquisita gastronomía que se pode degustar nos numerosos restaurantes lucenses. A famosa “rúa dos vinos”, a cal xira entorno a Praza do Campo, alberga numerosos bares e restaurantes onde poderá disfrutar da tradición do tapeo que hai na cidade.
- Ademáis, o Balneario de Lugo atopase situado en plena Reserva da Biosfera, onde poderá disfrutar de longos paseos en plena natureza.
Ademáis a menos de 100 km poderá visitar pobos con encanto, como Portomarin onde nas tempadas de baixo caudal do embalse aún podense ver restos de antigas edificacións, ou Samos co seu monasterios, o Castro de Viladonga, etc.
Se é amante do bo viño e dos viñedos non dubide en visitar a Ribeira Sacra cos Cañons do Sil.
A praia das Catedrais, considerada como unha das praias máis bonitas do mundo. Atopase na costa lucense, en Ribadeo.