O fin de semana do 17 e 18 de Abril desenvolveuse no Balneario de Lugo un Seminario de tratamentos balneoterápicos nas enfermidades reumáticas. Estivo organizado pola USC e dirixido a estudantes dos últimos cursos de mediciña.
En dito seminario os estudantes de mediciña tiveron sesións teóricas e prácticas. Nas sesións teóricas presentouse a cura balnearia dende varias puntos de vista:
O científico xa que se contou coa colaboración da Doutora Rosa Meijide Failde, Catedrática de Hidroloxía Médica da Facultade de Ciencias da Saude da Universidade de A Coruña, foi Directora médica do Balneario de Lugo.
O arqueológico, coa colaboración do arqueólogo Paco Hervés que leva xestionando as excavaciones no Balneario de Lugo dende fai varios anos E que destacou o importante xacemento arqueolóxico que existe en toda a área na que se atopa o balneario destacando a súa utilización na época romana e ao longo de tódolos séculos de maneira ininterrumpida. Dirixiu unha visita guiada in situ mostrando as áreas máis representativas de carácter único.O ambiente balneario e a súa influencia na calidade de vida dos usuarios. A monitora de tempo libre , Lucia Monin, graduada en ciencias empresariais con diversos cursos de monitor e tempo libre , fixo unha breve reflexión sobre os tipos de clientes, idades , procedencias, culturas asi de como resolverolo puzzle e conseguir crear unha sensación de benestar xeral facilitando actividades psicomotoras, actividades culturais , de ocio e entretenemento
As Técnicas de aplicación da auga mineromediciñal , indicacións, contraindicacións, cómo aplicalas en temperatura, tempo e presión, variables que hai que considerar, todo explicado baixo a experiencia da Dra Sánchez Carrión que leva máis dunha década dirixindo o Balneario de Lugo.
E por último , a importancia da Hidrocinesiterapia e as súas formas de aplicación dependendo da patoloxía e necesidades do paciente termal , conferencia que correu a cargo de Mª José Garrido , fisioterapeuta do Balneario de Lugo, entre outros.
Todo viuse comprementado coas prácticas que realizaron os alumnos de mediciña nas distintas dependencias da instalación.