VIII PREMIO INTERNACIONAL MARCIAL CAMPOS A INVESTIGACIÓN TERMAL 2014-2015

16/11/16 Propiedades anti-inflamatorias, anti-oxidantes e anticatabólicas do sufuro de hidróxeno na artrose

Ángela Vela-Anero1, Elena F. Burguera2, Francisco J. Blanco3 y Rosa Meijide-Faílde1

1Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa. Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC). Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Sergas. Departamento de Medicina, Facultade de Ciencias da Saude, Universidade de A Coruña. 15071. A Coruña, Spain. Tfnos: 696826311 y 606967694

2CIBER-BBN/ISCIII. Grupo de Bioingeniería Tisular e Terapia Celular (GBTTC-CHUAC). Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC). Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Sergas. Universidade de A Coruña (UDC). As Xubias 15600. A Coruña, Spain.

3Servicio de Reumatoloxía. Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC). Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Sergas. Universidade de A Coruña (UDC). As Xubias 15006. A Coruña, Spain.

RESUMO

A artrose (OA) é unha das enfermidades máis prevalentes e incapacitantes do mundo desenvolvido. Nunha articulación con OA todos os tecidos articulares vense afectados, pero a dexeneración do cartílago articular é o punto clave no desenvolvemento da patoloxía. O cartílago articular é un tecido conectivo especializado composto por unha pequena proporción de células, os condrocitos, que son responsables da síntese e o mantemento da matriz extracelular. Entre os factores que contribúen a progresión da OA atópase un proceso inflamatorio persistente que resulta en niveis anormalmente elevados de citoquinas tales como a IL‑1β y la IL-6, de prostaglandinas, fundamentalmente a PGE2, e de metaloproteasas de matriz tales como a colagenasa 3 (MMP13) ou a estromelisina (MMP3). Tamén se produce un incremento de especies reactivas de nitróxeno e de osíxeno, que someten ás células a un aumento de estrés oxidativo e desencadean a morte celular dos condrocitos. Globalmente, todos estos mediadores actúan destruindo a MEC de maneira irreversible.

Actualmente non existe ningún tratamento que cure ou cando menos deteña a progresión da OA e os tratamentos existentes (combinación de terapia física e terapia farmacolóxica analxésica e anti-inflamatoria) teñen efectos secundarios indeseados.

Un tratamento en exploración é a balneoterapia con augas minero mediciñais sulfuradas, pero descoñécese o mecanismo de acción polo cal alivian a sintomatoloxía de patoloxías como a OA. O sulfuro de hidróxeno, que é o componente principal destas augas, identificouse recentemente como un gas endóxeno (prodúcese no organismo a través da  enzimas CBS, CTH y MPST) e como un mediador da inflamación. A relación entre o cartílago e o sulfuro de hidróxeno é o aspecto clave no que se centrou este traballo. Comprobouse a presencia das enzimas de producción de H2S nos texidos da articulación (membrana sinovial, óso subcondral e cartílago) e ao cuantificar a súa biosíntesis atopouse que no cartílago artrósico prodúcese menos H2S que no cartílago sano. Esto é consecuencia, cando menos, dunha menor expresión de MPST neste tecido.

Ademáis, utilizáronse diferentes dosis de dous compostos, o NaSH, que produce H2S de maneira instantánea,e o GYY4137, que o fai gradualmente, para administrar H2S de maneira exógena a condrocitos e cartílago artrósicos. Comprobáronse que ambos, pero sobretodo o GYY4137, son capaces de revertir o proceso inflamatorio e reducir o estrés oxidativo nas células, así como previr o desequilibrio anabólico‑catabólico na matriz extracelular.

Colectivamente os nosos  resultados suxiren que a administración exógena de sulfuro de hidróxeno resulta beneficiosa na OA porque a articulación artrósica presenta uns niveis inferiores a articulación sana. Esto proporciona evidencias científicas que apoian o feito empírico de que as augas mineromediciñais sulfuradas melloren a sintomatoloxía dos pacientes con artrose.