PROGRAMA LUGO TERMAL 2018-2019

Mañá ábrese o prazo para que todos aqueles lucenses que o desexen poidan solicitar praza no programa de termalismo que organiza a  Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O solicitante titular deberá cumprir cos requisitos de estar empadroado nalgún dos concellos da provincia de Lugo e ser maior de 55 anos (cumpridos no momento de efectuala solicitude)

O solicitante titular, poderá participar cun acompañante que non cumpra cos requisitos contemprados no párrafo anterior. 

O programa contempla dúas opcións: unha cunha estancia e tratamento e outra con tratamento sen estancia. 

Recordamos que este programa estará vixente ata Xuño de 2019  pero respetarase o peche habitual dos establecementos balnearios.

A continuación facilitámoslles o enlace con máis información do programa así como as bases da convocatoria:

http://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/benestar/lugotermal