PREMIO MARCIAL CAMPOS A INVESTIGACION TERMAL

16/11/16 PREMIO MARCIAL CAMPOS A INVESTIGACION TERMAL

Tipo de premio: VIII International Prize Marcial Campos to Thermal Research

Concedido anualmente pola  SITh (International Society of Hydrothermal Techniques) e Termas de Cuntis  (Cuntis- Pontevedra), en colaboración coa  OMTh (Organizzazione Mondiale do Termalismo, World Hydrothermal Organization).

Autores do traballo: Ángela Vela Anero, Elena Fernández Burguera, Francisco J. Blanco García, Rosa Meijide Faílde.

Dotación: 10.000€

Entrega: Durante o congreso internacional da OMTh, celebrado en Levico, Italy entre o 21 e 22 de Outubro de 2016.

O premio concédese co obxetivo de promover a investigación científica no termalismo e promocionar e difundir as virtudes da utilización das augas termais

A colaboración entre investigadores do Grupo de Investigación en Reumatoloxía do INIBIC e do Grupo de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da Universidad de A Coruña, que se iniciou no 2010 para investigar os mecanismos biolóxicos responsables dos efectos das augas minero-mediciñais en patoloxías reumáticas, volveu  ser recoñecida cun premio internacional.

O grupo recibiu o VIII Premio Internacional Marcial Campos de Investigación Termal, que outorga anualmente a Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal (SITh). Con este premio, cunha dotación de 10000€, a SITh pretende promover a investigación científica no termalismo e dar difusión e visibilidade as suas ventaxas e cualidades.O premio entregouse o pasado 22 de Outubro durante a celebración do Congreso Anual da OMTh, en Levico, Italia.

Nesta ocasión o traballo galardoado centrouse no estudio dos efectos do sulfuro de hidróxeno, o componente activo das augas termais sulfuradas, sobre un modelo in vitro de artrose. Os resultados obtidos demostraron que este composto ten efectos anti-inflamatorios e anti-oxidantes, e contribúe a inhibición dos procesos de degradación do cartílago que se producen como consecuencia da artrose. A artrose é a patoloxía reumatolóxica máis frecuente en persoas de idade avanzada e provoca dor e incapacidade, afectando gravemente a calidade de vida dos que a padecen. Por outro lado, Galicia conta cunha gran riqueza en recursos termais. Polo tanto, estudios como o premiado, que aportan evidencias científicas rigurosas dos potenciais beneficios dos recursos termais, son de elevado interese socio-económico na nosa comunidade.