1. O check-in realizarase a partir das 14.00h e o check-out antes das 12.00h., de non ser así o establecemento resérvase o dereito a cobrar unha estandía máis.
2. Os clientes que entren no hotel máis tarde das 20:00h deberán comunicalo
3. Para confirmar unha reserva débese aportar:
– Nome e apelidos
– Teléfono de contacto
– Número de tarxeta e data de caducidade
O establecemento resérvase o dereito de cancelala reserva no caso de que a información aportada fose falsa
4. Terán preferencia á hora de efectuala reserva as persoas que fagan uso das instalacións do balneario
5. Toda persoa maior de 16 anos deberá rexistrarse antes de aloxarse no hotel tal e como estipula a lexislación vixente.
6. Menores de 18 anos (menores de idade) non poden hospedarse sos.
7. Neste establecemento so se aceptan as seguintes tarxetas de crédito:
VISA, MASTERCARD, 4B, Euro6000 e MAESTRO (Non se admiten American Express)
8. O pago en efectivo so se poderá realizar exclusivamente en EUROS
9. O establecemento resérvase o dereito a solicitar un porcentaxe do total da reserva no concepto de sinal no momento do check-in
10. Os tratamentos abónanse por adiantado. No caso de suspensión do tratamento só se procederá á devolución do mesmo presentando a factura orixinal e a orde de suspensión do tratamento por parte do Director/a Médico do Balneario de Lugo con motivo de contraindicación médica. Prazo para efectuala devolución 30 días dende a data de facturación.
11. O horario de facturación é de 8:30h a 22:00h
12. Non se pode exceder a ocupación máxima especificada para o tipo de habitación contratada. O número máximo de ocupantes de habitación terase que especificar na reserva:
– Habitación dobre………………..……………….….dúas persoas
– Habitación dobre con supletoria……………………tres persoas
– Habitación dobre con dúas supletorias……………catro persoas
– Habitación dobre uso individual……………….….unha persoa
– Habitación individual……………………………….unha persoa
No caso de necesitar cuna deberá solicitarse no momento da reserva. A cuna facilitarase (baixo dispoñibilidade) a nenos de ata 3 anos.
13. O servizo de comedor ríxese de acordo ás seguintes condicións:
– So dispoñemos de menú do día ( non carta)
– Menores de 10 anos, mesmo menú, con 50% de desconto
– Non se permite compartir menú
14. Non se permite sacar alimentos, comidas nin bebidas do comedor do hotel nin do servizo buffet do almorzo.
15. O horario de limpeza das habitacións é de 8:00h. a 14:00h
16. Está prohibido fumar en todo o establecemento, incluido os exteriores do mesmo. No caso de incurrir nesta norma, o establecemento resérvase o dereito de cancelala súa reserva así como de tomar as medidas que considere oportunas para resarcir o dano ocasionado (custos da contratación dunha empresa de limpeza especializada, custo da habitación durante o periodo que non se poda utilizar ou outros gastos de xestión)
17. Non está permitido colgar prendas na fachada do hotel
18. Non se admiten mascotas
19. Non se permite levalos periódicos ás habitacións nin acceder con eles a cafetería no horario do almorzo
20. Os clientes que por distintas causas alteren a normal convivencia do establecemento, non poderán disfrutar de ningunha das súas instalacións, servizos ou dependencias.
21. Todo dano ou pérdida causada polo cliente aos bens inmobles e enseres propiedade do establecemento deberá abonalo dacordo co valor establecido pola Dirección
22. O establecemento non se fai responsable do diñeiro ou obxetos personais deixados polos clientes nas habitacións ou distintas instalacións tales como o parking
23. O establecemento non se fai responsable dos danos que poidan ser ocasionados por terceiros aos vehículos.
A Dirección