BENESTAR EN BALNEARIOS 2018

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o programa Benestar en Balnearios 2018

A Consellería de Política Social ven de convocar un total de 679 prazas para participar nunha nova edición do programa  Benestar en Balnearios co que se pretende contribuir ao mantemento da autonomía das persoas maiores.

Os prazos para a presentación de solicitudes son os seguintes:

  • Para as quendas que se leven a cabo nos meses de maio e xuño, ambos inclusive: 20 días
    hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da orde que regula o programa no Diario Oficial de Galicia (día 16 de maio)
  •  Para as quendas que se leven a cabo nos meses de xullo a outubro: ata o 31 de maio do 2018.

Inclue aloxamento (estadías de 9 noites), pensión alimenticia, tratamentos no balneario con augas termais e actividades de socioanimación.

No Balneario de Lugo:

  • Do 2 ao 11 de Xuño
  • Do 11 ao 20 de Xuño
  • Do 20 ao 29 de Xuño
  • Do 30 de Xuño ao 9 de Xullo
  • Do 10 ao 19 de Xullo
  • Do 28 de Agosto ao 6 de Setembro
  • Do 6 ao 15 de Setembro

Máis información en http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-maiores