BALNEOTERAPIA EN ENFERMIDADES REUMATOLÓXICAS

BALNEAOTERAPIA

Este fin de semana organízase nas nosas instalacións  un Seminario sobre BALNEOTERAPIA EN ENFERMIDADES REUMATOLOXICAS,Está dirixido a alumnos de últimos cursos de mediciña e organizado pola USC coa colaboración de Balneario de Lugo.

Nel tratarase a  cura termal dende varios puntos de vista.

As conferencias contarán coa presencia da Dra Rosa Meijide Failde, Catedrática de Hidroloxía Médica; Magdalena Pereiro, Médico de familia PAC da Fonsagrada; Benigno Amor, Xerente da Asociación Balnearios de Galicia e a Dra. Ascensión Sánchez Carrión, Especialista en Hidroloxía Médica e  actual Directora Médica de Balneario Termas Romanas de Lugo.

Ademais das sesións teóricas, os alumnos contarán con sesións prácticas que se realizarán nas instalación do Balneario de Lugo.