Acesibilidade

1. ACCESOS

Na entrada principal, situada no xardín, existe unha praza de aparcadoiro habilitada para discapacitados preto da entrada principal.
Para entrar no hotel, existe unha rampa debaixo das escaleiras pola que se entra a pranta baixa (Pranta 0).

2. HABITACIÓNS

Existen 3 habitacións habilitadas para minusválidos; unha na segunda, unha na terceira e outra na cuarta. Tódalas habitacións son dobres e dispoñen de baño completo con bañeira, non con prato de ducha.
A tódalas prantas onde están estas habitacións chégase en ascensor.

3. COMEDOR

A reforma acometida recentemente permite que o ascensor chegue directamente a entrepranta  onde esta situado o comedor.

4. SERVIZOS DE BALNEARIO

O balneario está situado na Pranta 0. Nel  poderá realizar calquer tratamento respiratorio, masaxes, fangos…
O resto dos servizos que non poida realizar no balneario da pranta baixa faranse no circuito situado ao fondo da Pranta 1.

5. OUTROS DATOS DE INTERESE

Existen 2 ascensores en cada unha das prantas, excepto na Pranta 0 e na Pranta 4 que sólo hai 1. Hai un baño adaptado para discapacitados na Pranta 1.
A cafetería, de doado acceso, está situada na Pranta 1. Pódese acceder dende recepción e ten unha porta que vai  dar a terraza.

(máis información na guía de aloxamentos accesibles 2012 editada por Turgalicia)