O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria 2023 atópase aberto.
¿Qué é o Programa de Termalismo Social?
O Programa de Termalismo Social é un servizo complementario ás prestacións do Sistema da Seguridade Social que ten por obxeto proporcionar aos/ás pensionistas que por prescripción facultativa precisen os tratamentos que se presten nos balnearios e que reúnan determinados requisitos ao acceso a prezos reducidos a este tipo de establecementos, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, así como a promoción do envellecemento activo, a mellora da saúde e a prevención da dependencia.
A finalidade do Programa de Termalismo Social son os tratamentos termais por prescripción facultativa, que ten como obxectivo a rehabilitación dunha doenza ou a prevención e/ou curación das chamadas enfermidades invalidantes.
¿Quénes poden participar no Programa Termalismo Social?
Teñen acceso ao Termalismo Social os pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seguridade Social español, os pensionistas de viudedade con cincuenta e cinco anos ou máis de idade do Sistema de Seguridade Social español, os pensionistas por outros conceptos e perceptores de prestacións ou subsidios de desempleo con sesenta ou máis anos de idade ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social española, con sesenta e cinco o máis anos de idade.
Outros requisitos para participar en Termalismo Social son valerse por sí mesmo para realizar as actividades básicas da vida diaria, non padecer alteraciónss de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermedad infecto contaxiosa, necesitar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
O solicitante pode ir acompañado do seu cónxuxe, para o que non se exixen os requisitos de pensión e idade.
¿Qué servizos ofrece o Programa?
O programa de Termalismo Social ofrece os seguintes servizos:
-
- Aloxamento e manutención en réximen de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
-
- Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescripción do tratamento polo médico do balneario, a impartición do tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico e o seu posterior seguimento médico.
- Realización de Actividades de animación.
-
- Póliza colectica de seguro turístico.
Hai turnos de 12 días (11 noites) e de 10 días (9 noites).
En todo caso os usuarios do Programa realizan os desprazamentos os balnearios directamente polos seus propios medios.
¿Cándo e cómo se solicita praza no Programa Termalismo Social?
As solicitudes de participación no programa de termalismo para 2023 deberán ser presentadas, conforme a dous prazos establecidos.
A. Para participar no proceso de adxudicación de praza:
1.º Para os turnos dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 09 de xaneiro do 2023
2.º Para os turnos dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2023.
B. Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrilas prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
1.º Para os turnos dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2023.
2.º Para os turnos dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de novembro de 2023.
Sódese descargar a solicitude para o programa Termalismo Social na páxina web do Imserso: » descargar solicitude
Para a cumplimentación e presentación das solicitudes disponse dos seguintes medios:
- Pola súa sencillez, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso. O acceso a solicitud deste procedemento non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
- Descargando da páxina web do Imserso o modelo de solicitude de participación no programa de termalismo para a tempada 2021. Unha vez cumprimentado deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
- A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artígo 9 da Orden SSI/1688/2015, de 30 de xullo, pola que se regula o programa de termalismo do Imserso.
- En sobre franqueado, non por correo certificado, a dirección: Programa de Termalismo del Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.
MáIs información sobre Termalismo Social:
Termalismo Social. Web do Imserso
Web do Imserso (principal)