FIRMA DUN ACORDO NO BALNEARIO DE LUGO

    Xunta e Clúster da Auga firman un acordo para crear a marca Auga de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste producto

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, firmou un convenio co Clúster del Agua Mineral y Termal por importe de 60.000 euros que permitirá a posta en marcha dunha serie de accións para impulsar a internacionalización deste sector. O acordo, firmado entre o titular da Consellería, Francisco Conde, e o presidente do Clúster, Antonio Garaloces, inclúe a posta en marcha de dúas accións nas que a innovación xogará un papel estratéxico.

    Así, o Clúster, coa colaboración da Xunta, creará e imprantará a marca Auga de Galicia, un selo que identificará a calidade do producto contribuindo á súa diferenciación e que poderá ser empregado por tódalas entidades de envasado de auga mineral -11 empresas en total- e polos 21 balnearios galegos existentes .
    A segunda iniciativa que se poñerá en marcha entre ambas institucións será o desenrolo da aplicación para teléfono móvil, Terras da Auga, a través do sistema operativo Android que será de acceso gratuito para todo o público e no que se poderá consultar a localización dos manantiais de auga mineral e dos balnearios, así como dos perímetros de protección dos acuíferos existentes en Galicia, tal e como xa se viña producindo a través do sistema IOS, que tamén se actualizará.

    O obxetivo destas accióms é apostar polo posicionamento das empresas do sector nos principais mercados, impulsando a imaxen de calidade, sostenibilidade e innovación do sector a nivel internacional. Neste sentido, Conde señalou que “é unha colaboración para que o sector siga sendo un referente do noso patrimonio, sega creando emprego e crecendo hacia internacionalización” ao tempo que destacaba a importancia estratéxica do sector termal galego polo seu valor cultural e patrimonial e pola súa contribución ao desenrolo  turístico e económico de Galicia.

    Pola súa parte o presidente do Clúster Termal destacou a importancia de contar coa colaboración da Consellería de Industria para garantir a protección dos espacios polos que discurren as augas termais e evitar a súa contaminación.